No mes de maio, damos comezo a actividade da terapia canina. A terapia asistida con animais utilízase para mellorar a saúde física e mental e o benestar das persoas.
En Fundación Hospitalarias Betanzos participan 3 grupos de entre 10 e 17 persoas, acompañadas polo servicio de terapia ocupacional. Os grupos están formados por persoas autónomas e con grandes necesidades de apoio.
Queremos dar a benvida aos cans e ao seu dono Maiki, que nos acompañaran varios meses ao longo deste ano 2025, e queremos dar as grazas a Deputación da Coruña por concedernos esta subvención.
Estamos encantados con esta actividade que sempre é moi ben recibida.

